Vaite da lingua

¿Que nos está pasando aos galegos e galegas? ¿Por que queren que o galego desapareza canto antes? Non o sabemos con seguridade pero dende logo, a castelanización global aumenta, aumentan os casos de diglosia, aumenta... Debemos concienciar a eses que consideran o galego unha lingua de segunda, eses que senten prexuízos por ser idioma de emigrantes...
Por iso todos nós temos que poñer algo da nosa parte, defendendoa con unllas e dentes, para que non logren o seu obxectivo. As linguas son a maior riqueza que pode ter un país, aínda que como dixo Castelao, consideren o mito de Babel un castigo.






